El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player




Obtén Flash Player
para ver este rotativo.
Está en: Inicio | Subvenciones| Galicia
  -Energías renovables
  -Ahorro energético
  -Renove de climatización
 
  Subvenciones
 
 
Subvenciones -Galicia -Plan Renove de Climatización

Obxectivo
O Plan Renove de Equipos de Climatización está incluído no Programa IDAE-Inega 2010 de Axudas Públicas a Investimentos en Eficiencia Enerxética dentro do Plan de Acción 2008-2012 da E-4.
Trátase de fomentar a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas dos edificios existentes, a través da renovación de caldeiras, equipos de climatización ou bombas de calor convencionais de baixa eficiencia, por outros equipos de alta eficiencia enerxética con potencia nominal térmica maior ou igual a 5 kW e menor ou igual a 70 kW.

Actuacións subvencionables (máis información art. 3º das bases)


-Caldeiras de condensación con rendemento a potencia nominal superior ou igual a: η ≥ 90 + 2 log Pn e a carga parcial de 0,3 Pn (30% de carga) superior ou igual a: η ≥ 86 + 3 log Pn.
-Equipos de aire acondicionado (só frío) aire-aire ou aire-auga.(Rendemento: clase A e EER superior a 3)
-Bombas de calor (só calor ou reversibles) que teñan como foco frío o aire.(Rendemento: clase A, COP igual ou superior a 3,5 e EER superior a 3).

Subvencionase o equipo a súa instalación e o IVE nos casos en que sexa subvencionable.
Contía da axuda (máis información art. 3º das bases)

A contía da axuda vai depender da potencia nominal do equipo tal e como se indica na táboa do art. 3º das bases.
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.

Beneficiarios (máis información art. 9º das bases)

Persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado propietarios de vivendas ou edificios do sector terciario.
Para ser beneficiario da subvención terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas.

   
Descargar Bases reguladoras de la convocatoria:

  • Base reguladora.
  •    
    Enerzia ©
    ¿Quienes somos? | Contacto | Política | Aviso Legal